
O Concello de Brión e a aula CeMIT local convocan un curso gratuíto de fotografía e vídeo dixital dirixido a recuperar e pór en valor as lembranzas da veciñanza [3]. O obradoiro terá lugar este venres 2 de decembro na devandita aula, en horario de 11:30 a 13:30 horas. O curso, no que o alumnado recibirá trucos e consellos para facer fotografías e vídeos con teléfonos intelixentes, achegará coñecementos sobre aplicacións gratuítas para facer composicións de imaxes e sobre métodos para compartiren as súas creacións nas redes sociais.
O curso é totalmente gratuíto, se ben é preciso anotarse previamente na Aula CeMIT de Brión ou chamando ao 981 50 99 08. Este curso gratuíto está organizado polo Concello de Brión, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA), a Fundación Vodafone España, a Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161201_fotografia_d8609.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://cemit.xunta.gal/es/actividade/19298