
A Deputación da Coruña é unha das entidades galegas que máis está a traballar arestora na loita contra a violencia de xénero ao abeiro das novas tecnoloxías. Froito deste compromiso, que entronca directamente coa celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é a iniciativa Suprime o control [3], posta en marcha pola Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero. Este mes de novembro Suprime o Control estase a desenvolver nos centros de ensino dos concellos de Trazo, Touro, Malpica, Cerceda, Ponteceso, Boimorto, Dodro, Tordoia, Arzúa, O Pino e Mesía.
A iniciativa vai chegar ao longo deste primeiro curso académico a 14 centros educativos e terá continuidade [4] nos cursos 2017-2018 e 2018-2019. Despois de se impartir en Frades, Cabana de Bergantiños e Vedra, chegou este mes de novembro (con motivo do dito Día Internacional) a un importante repunte de actividade que incluíu a visita aos centros de ensino de once concellos.
Segundo lembrou esta semana Ánxela Franco [5] (responsable da dita Área de Benestar Social e Educación), o programa ofrece ferramentas “coas que traballar para a construción da igualdade con especial atención á violencia machista na adolescencia e a súa reprodución na actualidade por medio das aplicacións móbiles ou as redes sociais”. Para máis información pódese consultar a súa web, suprimeocontrol.com [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161128_depu_coruna_7b72.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://suprimeocontrol.com/
[4] https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=1195
[5] https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=1281