
O ‘Adestramento cerebral ONCE-VODAFONE' está composto por unha serie de nove xogos, recompilados na aplicación Unobrain, dispoñibles para ser descargados en Apple Store [3] e Google Play [4]. Os xogos están pensados para todos os gustos e posibilidades, desde propostas de operacións matemáticas, como “Super Aforro” ou “Maiormente”; combinación de letras, como “Esta Palabra sóame”; ou de habilidade e destreza como “De pesca”, “Osiños”, “Semáforo” ou “Sónar”; entre outros.
Para acceder ao adestramento ONCE debemos descargar a aplicación UNOBRAIN e activar as solucións de accesibilidade, por exemplo o lector de pantalla Talkback en Android, ou VoiceOver en iOS. Ao acceder con estes servizos de accesibilidade activados, de forma automática a aplicación ofrécelle unha sesión diaria de adestramento composta dos tres xogos que máis se adecúen ás capacidades cognitivas nas que o usuario mostre menos destreza, en función do seu historial rexistrado.
Ademais, o usuario ten a opción de acceder ao menú xeral e complementar a súa sesión diaria de adestramento cos xogos que el mesmo elixa e tantas veces como queira en cada momento. Tamén se inclúe a posibilidade de acceder a estatísticas da evolución de cada usuario nas facetas cognitivas que traballan os distintos xogos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161123_1_screenshot_2016.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://itunes.apple.com/es/app/unobrain-juegos-mentales/id718845722
[4] https://play.google.com/store/apps/details?id=com.unobrain.gimnasio&hl=es
[5] https://www.youtube.com/watch%3fv%3dk4LivMy63Nw