
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia lanza esta semana un chamamento [3] colectivo nas principais redes sociais para combater a devandita lacra social e “facer” comunicación nas franxas de idade que máis presenza teñen, precisamente, nas comunidades dixitais: a nosa xuventude. Pero, sobre todo, búscase pór de relevo a escasa “axuda” dos principais medios informativos á hora de combater a violencia.
A campaña, que se bota a camiñar en Twitter [4] e máis en Facebook [5], difúndese baixo a seguinte etiqueta xenérica e identificativa: #NonDifundasMachismo. Con esta iniciativa o Colexio quere “concienciar contra a persistencia de tratamentos machistas nas informacións dos medios de comunicación”.
A campaña, que estará en marcha ao longo desta semana, consiste na publicación a través de Twitter e Facebook de titulares, informacións ou imaxes que exemplifiquen distintos estereotipos e comportamentos que continúan a tinxir de sexismo a imaxe das mulleres nos medios de comunicación. Todos os exemplos irán acompañados dunha pequena explicación e da etiqueta #NonDifundasMachismo. Desde o Colexio de Xornalistas chámase “a compartir os distintos chíos para visualizar o problema da persistencia de tratamentos machistas nos medios, así como a compartir calquera outro tipo de exemplos destas prácticas sexistas usando o devandito cancelo #NonDifundasMachismo”.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161123_xornalistas.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://xornalistas.gal/novas-eventos/novas/o-colexio-de-xornalistas-lanza-a-campana-nondifundasmachismo/
[4] https://twitter.com/xornalistas
[5] https://www.facebook.com/colexiodexornalistas?fref=ts