
Coa finalidade de recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información convócase a segunda edición dos Premios Clúster TIC Galicia. Con esta iniciativa, quérese pór de relevo ante a sociedade o labor das empresas e profesionais que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.
Os galardóns convócanse en seis categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups, Software Libre e Márketing Dixital. Poderán presentar as súas candidaturas todas aquelas empresas que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como entidades usuarias de produtos e servizos TIC galegos.
Os interesados en presentar unha candidatura deberán facelo exclusivamente a través da web do Cluster TIC [3], cubrindo o formulario online e axuntando a documentación que consideren oportuna. O prazo conclúe o próximo domingo 20 de novembro ás 23:59 horas.
Para decidir os gañadores, o Clúster creará un Comité Avaliador Experto. Unha vez que se realice a votación do xurado, farase pública unha lista con tres finalistas por categoría e os gañadores non se desvelarán ata a Gala de entrega dos Premios.
Na web do Cluster TIC Galicia [4] podedes cosultar as bases completas [5] dos premios e ter aceso ao formulario online de cada unhas das categorías. En caso de ter calquera consulta, podedes contactar coa Oficina do Cluster.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161116_cluster_tic.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.clusterticgalicia.com/info.php?idioma=gl&sec=66
[4] http://www.clustertic.gal
[5] http://www.clustertic.gal/info.php?sec=66&idioma=gl