
A asociación Ponte nas ondas! está a impulsar nos centros escolares a formación avanzada en radio dixital [3], amais dun portal [4] que sexa o alicerce divulgativo dos centros con vertente comunicativa a través destas canles. A iniciativa Escolas nas Ondas ten ademais o obxectivo de ligar as nosas radios dixitais escolares coa comunidade galego-portuguesa internacional, o que se coñece como lusofonía. Segundo puidemos saber, a intención é abranguer 34 centros de ámbalas beiras da raia. As rapazas e rapaces terán oportunidade de iniciarse no xornalismo radiofónico e nas ferramentas tecnolóxicas que o fan posible na actualidade.
Máis en detalle, haberá obradoiros de formación arredor de podcasts e de metodoloxías para difundir estes arquivos nas redes. Tamén se impartirán contidos sobre (por exemplo) as utilidades da nube, o potencial das redes sociais para distribuír e espallar contidos ou como subir á Rede un podcast ou un audioblog. En total, serán 34 accións formativas.
O portal será dado a coñecer no mes de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio. A asociación Ponte nas ondas!, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, será a encargada de desenvolver estes obradoiros. Máis en detalle, a comezos de 2017 arrincará o segundo curso de formación para profesorado sobre a creación de podcasts e a posta en marcha de radios dixitais. Este curso será impartido por un profesional da radio a través de Internet.
Os obxectivos que se perseguen, sinalan dende Ponte nas ondas!, son fundamentalmente “o fomento de radios dixitais realizadas polo alumnado e a integración en plataformas sociais de comunicación para a difusión dos contidos”.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161111_podcast_facefb3e.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://pontenasondas.org/en/component/content/article/96-novas/337-comezan-os-obradoiros-de-podcasts
[4] http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/40529-buscan-crear-portal-radios-dixitais-escolares-galicia-coa-lusofonia