
Aínda que de nacemento recente, o robot educativo mBot de Makeblock xa se fixo un oco nun mercado au auxe, como é o da tecnoloxía educativa. As súas virtudes: fácil, sinxelo, versátil e, sobre todo, económico.
Hoxe analizamos o mBot de Makeblock, e falamos da súa montaxe, dos primeiros pasos e das posibilidades que ofrece como ferramenta educativa para o aprendizaxe da programación a través da robótica. Que pode ofrecernos un robot de menos de 90 euros? Imos a velo a continuación.
A gama de robots mBot de Makeblock son unha serie de xoguetes, con todas as da lei. Ou alomenos así se presenta: creado por makeblock tras unha exitosa campaña en Kickstarter en 2012 [3], a compañía continuou deseñando, desenvolvendo e poñendo á venda diferentes modelos de robots.
De todos eles, mBot é o máis sinxelo e o mellor posicionado para a educación, sendo ademais o máis parecido a unha especie de vehículo simple. Sinxelo: rodas, motores e un pequeno mecanismo de xiro, aderezado con uns cuantos sensores (distancia, luz, son) para ampliar a súas posibilidades.
Seguir lendo na fonte da noticia [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161110_1366_2000.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.xataka.com/makers/makeblock-o-cuando-arduino-encontro-a-lego
[4] http://www.xataka.com/analisis/mbot-makeblock-de-spc-analisis-un-mini-robot-con-arduino-para-ensenar-a-programar-a-los-mas-peques