
Ao longo do presente ano o Espacio Working_ no primeiro andar do Centro Comercial Espacio Coruña acolleu varias edicións dos relatorios #charlasdigitalesEC impartidos polo xornalista e blogueiro Manolo Rodríguez [3], cos que pretende atender a unha clara demanda de formación sobre o aproveitamento persoal e profesional das redes sociais, e que o vindeiro sábado ás 11:30 horas celebrarán a súa derradeira edición co tema Tendencias tecnolóxicas: o futuro é agora [4].
O encontro de acceso libre estará composto por unha intervención de 45 minutos seguida dunha quenda de preguntas de 15 minutos, e abordará o futuro das redes sociais, repasará o presente e o futuro dos dispositivos móbiles e incluso achegarase a tecnoloxías que tanta visibilidade teñen ultimamente como os wearables, o Big Data e a Internet das Cousas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161110_tendencias_ce81f.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://twitter.com/manolorodriguez
[4] http://espaciocoruna.es/charlasdigitalesec-tendencias-tecnologicas/