
Con motivo de festexar o Ano Castelao e co obxectivo de achegar ao senlleiro artista de Rianxo cara o público máis novo nace a aplicación educativa As viaxes de Castelao [3]. Unha proposta da Deputación de Pontevedra [4], creada pola empresa pontevedresa CreappContos, que era presentada esta semana como unha ferramenta didáctica e cunha linguaxe actual para amosar lles aos máis pequenos quen era Castelao.
Así, na presentación desta app estiveron o responsable de CreappContos [5], Toño Escudero, o ilustrador, Víctor Rivas, e o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal. Asemade, tamén acudiron á estrea: docentes, responsables de espazos culturais dos concellos, profesionais que realizan obradoiros... Arredor de 35 persoas de centros educativos de Pontevedra, Poio, A Estrada, Marín, ou Ribadumia; persoal técnico dos concellos, concelleiros e concelleiras, e representantes de empresas de dinamización e animación cultural infantil, como Polo correo do vento e a editora OQO.
En que consiste a aplicación? Os usuarios poderán crear escenas, construír historias e resolver quebracabezas sobre as principais etapas da vida de Castelao. Con esta aplicación poderase crear e compartir dende calquera lugar do mundo contidos (quebracabezas, contos, audio-contos e postais) xerados a través da propia app, que logo se poderán imprimir. Trátase dunha aplicación para tabletas, estará dispoñible en IOS (Apple) a nivel global e pode descargarse de balde dende a páxina do ente provincial baixo o título As viaxes de Castelao [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161024_deputacion_p7910.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://itunes.apple.com/es/app/as-viaxes-de-castelao/id1118411972?mt=8
[4] http://www.depo.es/-/noticia-a-deputacion-presenta-a-aplicacion-educativa-as-viaxes-de-castelao-
[5] http://www.creappcontos.gal/