
O Concello de Bergondo organiza dende finais de outubro e até finais de decembro unha actividade formativa para introducirnos nos principais usos e vantaxes das novas tecnoloxías da información. O Curso de informática básica [3], de 25 horas de duración, desenvolverase na aula informática da Senra (edificio de Servizos Sociais). A finalidade da iniciativa, segundo informa a organización, é achegar as TIC á veciñanza non familiarizada cos computadores, “co obxectivo de dotar aos asistentes de competencias e coñecementos aplicábeis en calquera ámbito profesional e persoal”.
O curso vai dirixido a persoas con nivel formativo baixo en materia tecnolóxica. Desenvolverase os luns e os xoves en horario de 20.00 a 21.30 horas. O prazo de inscrición remata o vindeiro 17 de outubro. A actividade é de balde e para recadarmos máis información dela cómpre poñernos en contacto co Concello a través do teléfono 981 79 12 52, ext. 3 ou ben a través da conta alberto.rilo@bergondo.es [4].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161011_bergondo_senra.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://bergondo.es/es/novas/nova/articulo/curso-de-informatica-basica/
[4] mailto:alberto.rilo@bergondo.es