
O Espacio Arroelo [3] de Pontevedra vai acoller os días 21 e 22 de outubro un encontro organizado polo Google Developers Group Vigo [4] para divulgar a tecnoloxía Ruby on Rails, empregada como base para moitos servizos web, buscando en boa medida derrubar os prexuízos de sexo que existen no contorno da enxeñaría en informática e así, esta iniciativa sería o primeiro Rails Girls Galicia [5] (aínda que cómpre salientar que este obradoiro non está dirixido exclusivamente ao público feminino, senón que só busca visibilizalo).
O Rails Girls Galicia quere xuntar a 20 participantes repartidos en 2 grupos para que cada un desenvolva unha aplicación en Ruby on Rails baixo a supervisión dunha experta nesta tecnoloxía. O encontro botará a andar o vindeiro día 21 ás 19:30 horas, cunha setup party na que os asistentes poderán instalar o software necesario para o obradoiro que se desenvolverá durante o sábado, ao que seguirá unha charla inspiradora sobre a historia de programadores españolas con traballos moi interesantes.
O groso das actividades desenvolveranse o día 22 a partires das 9:00 horas, con sesións de programación nas que os participantes poderán crear a aplicación web proposta baixo supervisión, para poder presentar os seus resultados ás 20:00 horas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/161004_rails_girls_08ff.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://espacioarroelo.es/
[4] https://plus.google.com/u/0/communities/104458805154699272096
[5] http://railsgirls.gal/