
O movemento maker é a última tendencia no mundo da tecnoloxía. Así o pensa Google [3] e por ese motivo adicoulle o seu quinto evento anual TrendSpain [4], celebrado onte no Campus Madrid [5], o edificio co que conta a compañía na capital española. O movemento consiste en crear obxectos de forma artesanal pero utilizando a tecnoloxía ou técnicas tecnolóxicas como a impresión 3D, a robótica, o corte con láser ou a fresadora. As ferramentas son moi variadas. Algo que mostra o auxe deste fenómeno é a rápida multiplicación en todo o mundo de espazos nos que levar a cabo este tipo de proxectos a modo de laboratorios. Chámanse FabLabs e cada 18 meses duplícase o número destos espazos en todo o mundo, segundo César García, un dos ponentes da xornada.
Seguir lendo na fonte da noticia [6]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160926_noticia_normal_recorte1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://www.google.es/intl/es/about/company/
[4] http://www.trendspain.es/
[5] https://www.campus.co/madrid/es
[6] http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2016/09/22/actualidad/1474560262_851948.html