
DOWN ESPAÑA está desenvolvendo, xunto con outras organizacións europeas, un innovador proxecto de carácter internacional que persegue un ambicioso obxectivo: a creación dunha rede europea de hoteis e negocios de hostelería (restaurantes, bares,…) que ofrezan oportunidades laborais ás persoas con síndrome de Down.
O proxecto coñécese polo nome de ‘On My Own…at work’ [3] (en galego, ‘Pola miña propia conta… no traballo’), e nel participan, ademáis de DOWN ESPAÑA, entidades como a portuguesa APPT21-Associaçao Portuguesa de Portadores de Trissomia 21 [4], ou a italiana AIPD- Associazione Italiana Persone Down [5].
Xa se conseguiron decenas de insercións laborais en diversos hoteis de Europa, en forma de práctica ou de contrato. A intención é que aos poucos se vaian sumando á iniciativa moitas cadeas hostaleiras e de restauración.
Como participar?
As candidaturas que se presenten ao concurso (así como a solicitude de información adicional) mandaránse ao seguinte enderezo mail: omo.logodesign@gmail.com [6].
Os traballos deberanse enviar indicando no asunto: “Concurso Logotipo + nome e apelidos do autor”.
O logo deberá estar composto de:
O formato no que se envíe o logotipo debe ser JPG á maior resolución posible, así como aquel de o programa no que se deseñou, xunto a todos os elementos necesarios para a súa reprodución.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas. Deberá terse en conta que o logotipo será utilizado en distintos tamaños e formatos, polo que deberá ser legible tanto en tamaños medios como en formatos máis reducidos. O prazo para presentar os deseños finaliza o 25 de outubro de 2016.
As características que se buscan no logo, así como as bases íntegras do concurso, poden descargarse nun Documento PDF OFicial de Down España [7].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160812_concurso_logo_down_espana_2016.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.on-my-own.eu/es_ES/
[4] http://www.appt21.org.pt/
[5] http://aipd.it/
[6] mailto:omo.logodesign@gmail.com
[7] http://www.sindromedown.net/wp-content/uploads/2016/07/BASES-DEL-CONCURSO-Logo-OMO.pdf