
A Asociación Íntegro, colectivo de persoas con diversidade funcional das bisbarras de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, vén de pór en marcha un proxecto de busca de micromecenado na Rede (o que se coñece como crowdfunding: comunidade de pequenos “financiadores” dun proxecto social, cultural ou empresarial ou todas as cousas á vez) para impulsar a construción dun xardín terapéutico adaptado a disposición dos membros de Íntegro e, en xeral, dos colectivos de persoas con diversidade funcional da Costa de Morte. O proxecto está aberto á participación da cidadanía a través da páxina web da Fundación Develop [3], no apartado crowdfunding, proxecto Xardín terapéutico adaptado da Asociación Íntegro.
Segundo informan dende o colectivo ao tratarse dun proxecto de micromecenado en liña a súa viabilidade “depende exclusivamente da colaboración solidaria e desinteresada da cidadanía”. Segundo explican, o crowdfunding é “unha metodoloxía de financiamento colectivo xestionado integramente dende unha páxina web que colabora facendo posible a realización de proxectos sociais singulares e moi innovadores”. No caso do xardín terapéutico de Íntegro, as persoas que desexen contribuír a facer realidade este proxecto poderán participar, até o vindeiro mes de setembro, con doazóns económicas (de 10 a 500 €, en función da capacidade de cadaquén) a través da devandita páxina web.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160804_asociacion_ia211.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.grupodevelop.com/