
A aula Cemit de Burela solicita apoio para a realización dun obradoiro no que se amose o manexo do programa Facturae para facer facturas electrónicas, dirixido a micropemes, persoas desempregadas e poboación en xeral interesada ou que necesite manexar algún programa co que poder facer facturas electrónicas. O desenvolvemento desta actividade está previsto no mes de outubro, aínda que a planificación poderá adaptarse á dispoñibilidade das persoas voluntarias que queiran colaborar no seu desenvolvemento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/5804