
A pasada fin de semana no marco do TEDxGalicia [3], Chus Prol, a xestora de Doutroxeito Coworking, deu conta da pasada celebración da Compostela Mini Maker Faire en Área Central [4], adiantando que este evento de reivindicación da cultura Maker reformularase este ano deixando o ámbito local para dirixir a vista a toda a comunidade galega, de xeito que teremos unha Maker Faire Galicia [5].
O novo evento vén de abrir a súa inscrición [6], para que os interesados en realizar obradoiros, espectáculos ou outras actividades Maker poidan manifestar o seu interese nesta cita que terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia entre os días 1 e 2 de outubro.
Tras o éxito do anterior encontro Maker é de esperar que estamos ante unha interesante feira da innovación galega que contribuirá a dar visibilidade a un xeito de facer as cousas no que a colaboración, o coñecemento aberto e as inquedanzas por aprender e experimentar con novas tecnoloxías abren unha chea de oportunidades para o emprendemento e a creación, de xeito que tanto poderemos atopar aplicacións artísticas ou artesanais, como iniciativas empresariais, servindo este tipo de eventos para facilitar tamén a creación de sinerxías entre os profesionais que avogan pola cultura Maker.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160721_tedx_prol_maker_detalle-85d03.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://codigocero.com/O-TEDxGalicia-botou-unha-ollada-ao-futuro
[4] http://codigocero.com/v
[5] http://galicia.makerfaire.com/
[6] http://galicia.makerfaire.com/call-for-makers/application/