
Expertos en tecnoloxía dixital e en educación de persoas con discapacidade intelectual reuníronse en París para avaliar o avance do programa Desktop (The Disabled Enhance their Skills Through Online Platforms), que se está desenvolvendo en oito países e está financiado pola Comisión Europea a través de Erasmus+.
Os pasados 29 e 30 de xuño de 2016 reuníronse doce delegados de Desktop de todos os países implicados, que valoraron positivamente o desenvolvemento do traballo do seis primeiros meses do proxecto, nos que a plataforma "Mefacilyta" pasou a ser multilingüe, ademais de seguir mellorando as distintas posibilidades que ofrece a ferramenta en canto á creación de apoios personalizados a cada tipo de usuario.
O proxecto durará até 2017 e conta entre os seus obxectivos coa creación dun Manual que permitirá a outras persoas do ámbito educativo da discapacidade intelectual acceder a esta ferramenta dixital en países de todo o mundo.
En Desktop participan as seguintes nove organizacións de oito países diferentes: Fundación Juan Ciudad (España), Fundación Vodafone España (España), Hospitality Europa (Bélxica), Instituto das Irmas Hospitaleiras do Sacro Coraçao de Jesus (Portugal), Association Benoit Menni (Francia), SJOG Community Services Limited (Irlanda), Johannes Von Gott-Pflegezentrum (Alemaña), Barmherzigue Brüder gGmbH (Austria), Bonifraterska Fundacja Dobroczynna (Polonia).
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160718_encuentro-desktop-paris_02_0.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()