
A aula CeMIT de Carballedo solicita apoio para a planificación, preparación de material e realización dunhas xornadas orientadas ao uso das TIC no sector agrogandeiro que acheguen ás persoas responsables das explotacións a ferramentas como follas de cálculo para a contabilidade, aplicacións para móvil de utilidade para a xestión do seu negocio, páxinas e recursos de interese para os gandeiros... O desenvolvemento destas xornadas está previsto durante dous días no mes de novembro, en horario de mañán, cunha duración total de entre 4 e 8 horas.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/5756