
ILUNION Tecnología y Accesibilidad [3] e Fundación ONCE [4] para a Cooperación e Inclusión Social das Persoas con Discapacidade en España están desenvolvendo un estudo sobre os hábitos de transporte e a accesibilidade nas viaxes en diferentes países e continentes. O obxectivo é investigar as preferencias, valores e a satisfación dos turistas que viaxan por Europa, Estados Unidos e Asia.
Este estudio céntrase na accesibilidad nas viaxes. A accesibilidade axuda a asegurar que todos os produtos e servizos sexan adecuados para todo tipo de usuarios, incluidas as persoas con discapacidade, os maiores e outras persoas con necesidades especiales.
Esta enquisa [5]inclúe preguntas sobre a frecuencia das viaxes, destinos preferidos, medios de transporte, etc. Ademáis, hai preguntas acerca da accesibilidade nas viaxes, co obxectivo de avaliar a satisfación sobre o aloxamento ou a adaptación das instalacións turísticas, recursos e servizos con respecto ás necesidades e preferencias dos viaxeiros.
Este cuestionario está aberto a todos os turistas con discapacidade e/ou maiores, que viaxaron ao menos unha vez nos últimos dous anos cunha estancia dunha noite ao menos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/160713_encuesta_once.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.ilunion.com/en/division/consultoria
[4] http://www.fundaciononce.es/
[5] http://accesibilidadenelviaje.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=147