
A aula Cemit de Vilar de Santos solicita apoio para a elaboración de material e contidos adaptados a rapaces e rapazas de entre 5 e 10 anos, co obxectivo de proporcionarlles competencias básicas en materia de ofimática, busca de información a través de internet, como aprender xogando... A planificación desta actividade adaptarase á dispoñibilidade tanto das persoas voluntarias que queiran colaborar no seu desenvolvemento como da aula e dos rapaces.
Non sería preciso que a persoa voluntaria se desprazase á aula.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/5750