O Aula Cemit de Boiro solicita a colaboración de persoas voluntarias no seu proxecto "Preto da Xente". Este proxecto ten como obxectivo recompilar, editar e publicar nunha web vídeos de xente de Galicia que se atopa vivindo no extranxeiro onde nos explican como é a vida no lugar onde residen e as oportunidades de traballo, ademais de recoller imaxes da zona e pequenos consellos para os que van alí a vivir ou de visita. A persoas voluntaria apoiaría á entidade para conseguir que a xente colabore enviando material e realizando tarefas de edición de vídeos e subida de contidos á plataforma web
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/user/login?destination=print/5713