
A tecnoloxía axuda a reducir a fenda de xénero, segundo o estudo de Accenture "Avanzando cara á igualdade: Como o mundo dixital está a axudar a pechar a fenda de xénero".
Partindo do concepto de "fluidez dixital" ou "o alcance que ten nas persoas o bo uso e aproveitamento das tecnoloxías para adquirir máis coñecementos, ser máis efectivos e estar mellor conectados nas súas tarefas do día a día", o estudo ofrece probas empíricas de como as mulleres están a usar os seus coñecementos dixitais para prepararse para un traballo, atopar un novo ou medrar nel. O estudo analizou a influencia desa fluidez dixital en preto de 5.000 profesionais (homes e mulleres) de 31 países diferentes na educación recibida, as oportunidades de emprego e o desenvolvemento profesional.
En España, os datos mostran que non existe apenas diferencia entre a porcentaxe de homes e mulleres que din moverse por contornas dixitais para prepararse e atopar traballo (89% e 90% respectivamente). En xeral, cando homes e mulleres teñen o mesmo nivel de coñecemento dixital, as mulleres teñen máis posibilidades de atopar traballo. Preguntados sobre como beneficia a tecnoloxía dixital no seu traballo, máis do 50% da mostra están de acordo en que axuda a traballar desde casa, para o 48% fomenta a conciliación da vida laboral e persoal e para o 44% axudoulle a acceder a mellores oportunidades laborais.
Segundo o estudo, España é un do tres únicos países (por detrás de Arxentina e por diante de Corea do Sur) onde as mulleres están por diante dos homes en termos de fluidez dixital. Tamén son mellores que os seus compatriotas usando os seus coñecementos dixitais para asegurar e mellorar as súas oportunidades educacionais. Con todo, a pesar dos bos datos neses dous parámetros, a superioridade das españolas descende á hora de acceder ás oportunidades laborais e ao desenvolvemento profesional.
"Hai moitas maneiras de acurtar a fenda de xénero no posto de traballo, pero o dixital é un camiño especialmente poderoso", asegura Juan Pedro Moreno, presidente de Accenture en España. "Aínda que a igualdade de xénero non vai ser unha realidade da noite para a mañá, os investimentos realizados en fomentar as habilidades dixitais das mulleres "a través da educación, a experiencia e o desenvolvemento profesional - axudarán a acelerar o seu progreso en todos as etapas da súa carreira profesional".
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/58.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()