
Grazas ao acordo de colaboración entre a Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS) e o Congreso dos Deputados, asinado en novembro de 2013, co obxectivo de dar a coñecer ás persoas con discapacidade sensorial as actividades que a Cámara Baixa leva a cabo, a sesión de investidura do candidato socialista á Presidencia do Goberno pódese seguir de forma accesible mediante subtitulado a través dun sistema de estenotipia informatizada.
As persoas con xordeira están a ter a opción de seguir o evento de forma accesible con subtítulos. Xa onte, día 1 de marzo, na primeira sesión do debate de investidura retransmitiuse o mesmo con subtitulados na Canle Parlamento da web do Congreso dos Deputados. E hoxe mércores, 2 de marzo, poderán seguilo de novo, desa mesma forma nesta canle. Picando na sesión do día correspondente, teñen a posibilidade de elixir a opción de seguilo con subtitulado. Ademais, tamén se poderá visualizar na Web de FIAPAS. Se non se lograse a maioría absoluta requirida para a investidura, levaría a cabo unha nova votación en 48 horas, neste caso, a sesión tamén se poderá seguir subtitulada polas mesmas canles.
A través deste tipo de iniciativas, contribúese a que as persoas xordas poidan exercer plenamente o seu dereito cidadán á participación política. En España, máis de dous millóns de persoas con xordeira de distinto tipo e grao¹, atopan no subtitulado unha ferramenta básica para o acceso á información.
Deste traballo encárgase o Servizo de Apoio á Accesibilidade (SAC) de FIAPAS, grazas ao programa financiado a través da casilla solidaria do IRPF e coa cofinanciación de Fundación ONCE. En 2015, este programa permitiu que, a través de recursos de apoio á audición (bucle magnético) e á comunicación oral (subtitulado), un total de 660 persoas xordas puidesen asistir e participar en igualdade de condicións que o resto de cidadáns en todo tipo de eventos. Así mesmo, posibilitou que se fixesen accesibles máis de 140 actos e espazos públicos e subtitulásense 70 pezas audiovisuais, entre elas, algúns debates políticos de gran importancia.
Máis información na Web Oficial de FIAPAS [3].
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/plenoFiapas.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.fiapas.es/FIAPAS/index.html