
“Cidades Patrimonio Accesibles” é unha aplicación accesible e gratuíta que ofrece aos visitantes con discapacidade información sobre as condicións de accesibilidade da oferta turística das Cidades Patrimonio. Os seus contidos facilitan a planificación da visita e a propia experiencia na cidade, porque permiten aos usuarios seleccionar os recursos turísticos do seu interese e os establecementos cuxas características de accesibilidade se adecuan mellor ás súas necesidades particulares.
A aplicación recolle as rutas de interese turístico de cada cidade mellor preparadas para ser percorridas por Persoas con Mobilidade Reducida e establecementos turísticos de distintas tipoloxías: monumentos, museos, oficinas de turismo, aloxamentos, restaurantes, outros.
A información tamén está dispoñible na páxina web: www.ciudadespatrimonioaccesibles.org [3]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/pantallazo_1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.ciudadespatrimonioaccesibles.org