
O proxecto, chamado 'CuenTAteca', ten como obxectivo crear contos sensoriais personalizados. As dúas entidades cooperan neste proxecto que se enriquece das tecnoloxías de apoio, as redes sociais e outras aplicacións para sumar esforzos e crear unha biblioteca de contos virtual. Trabállase de maneira conxunta, así por exemplo, os alumnos da escola A Muntanyeta de Tarragona encárganse de achegar imaxes e historias e, pola súa banda, os mozos do Centro de Apoio á Integración de Asturias elaboran o material empregando distintas ferramentas de edición, a través de aplicacións como meFACILyTA.
O proxecto púxose en marcha este curso e as entidades estiveron traballando no primeiro conto sensorial que ten como protagonista unha alumna da escola de Tarragona. Recentemente xa se estreou no centro, o conto titulado como o seu protagonista, 'Estel'. Nas seguintes semanas, compartirase na rede e, á vez, utilizarase como ferramenta para realizar obradoiros de sensibilización en colexios de educación infantil de ámbalas cidades.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/tarragona_1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()