
Alvin García Flores estuda na Escola Primaria Gateway, en South Omaha (Nebraska). Alvin naceu sen o seu brazo dereito, e por iso recibiu a visita do mesmísimo Darth Vader, quen lle fixo entrega dun brazo biónico inspirado nos soldados do Imperio Galáctico.
A directora da escola onde estuda Alvin viu o vídeo no que outro neno, Alex, de sete anos, recibe, de parte de Robert Downey Jr., un brazo biónico inspirado en Iron Man. Ao velo, pensou no seu alumno e contactou coa organización que o fixo posible.
A semana pasada, reuniron aos alumnos do curso no que estuda Alvin nunha sala. Pouco despois, puideron ver aparecer a Darth Vader, seguido de varios soldados imperiais e algún que outro droide. A sorpresa foi maiúscula cando chamaron directamente a Alvin para porlle un brazo biónico, como o dos soldados.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/brazobionicoalvin.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()