
Co fin de promover a educación dixital e contribuír á igualdade de oportunidades, a compañía presenta dúas novas plataformas abertas e gratuítas, ademais dun proxecto de innovación social.
Así, España e Latinoamérica contarán a partir de agora con dúas plataformas baseadas en modelos tecnolóxicos e pedagóxicos de aprendizaxe colaborativa: ScolarTIC [3] e STEMbyme [4].
A primeira é un espazo social de aprendizaxe onde profesores, pedagogos e pais poden formarse e informarse acerca das últimas tendencias educativas internacionais e contactar con outros membros da comunidade educativa hispanoamericana.
Para os docentes, ScolarTIC propón unha zona de Cursos para a súa formación en metodoloxías didácticas, novas competencias e innovación; unha zona de Recursos con propostas didácticas para a aula: unha zona de Iniciativas que inclúe casos de éxito de colexios; e unha zona chamada Comunidade que fomenta o debate e a reflexión.
Pola súa banda, STEMbyme é unha contorna de aprendizaxe para estudantes de entre 14 e 18 anos que pon énfases nos coñecementos relacionados coa Ciencia, a Tecnoloxía, a Enxeñería e as Matemáticas (STEM), ademais da Robótica, Inglés e Habilidades.
Durante o proceso de ensino-aprendizaxe, os alumnos teñen á súa disposición clases virtuais en tempo real, foros, cursos, vídeos formativos, materiais de reforzo para descargar, avaliación entre pares?
Competición interescolar
As plataformas ScolarTIC e STEMbyme compleméntanse con Desafío STEM [5], unha competición interescolar nacional na que os equipos participantes (profesor e alumnos de entre 12 e 18 anos) desenvolven un proxecto relacionado con algunha das disciplinas STEM. As categorías nas que se pode participar son: Internet das cousas, eHealth, Industria local e Educación dixital.
Tamén está presente MiriadaX [6], plataforma dixital baseada en contidos MOOCs, que promove a aprendizaxe social e o uso libre de recursos educativos.
Con máis dun millón e medio de alumnos, quere reducir a fenda dixital proporcionando aos seus usuarios cursos de Universidades e institucións iberoamericanas de prestixio, brindando tamén formación especializada en humanidades, tecnoloxía?
Actualmente, MiríadaX conta con 55 universidades adscritas e oferta 250 cursos diferentes aos que no futuro uniranse outros novos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/TELEFONICA-300x120.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://scolartic.com/
[4] http://www.stembyme.com
[5] http://www.desafiostem.com
[6] http://miriadax.net/home