
A Deputación de Pontevedra, a través do CPAE 2.0 (a súa rede de centros atendidos por técnicos especializados en novas tecnoloxías, con presenza polo de agora en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e Porriño), segue adiante co seu asesoramento aos autónomos e PEME da provincia en materia TIC, impulsando o emprego destas ferramentas “para innovar e para facer medrar a produtividade”. De feito, a Deputación comeza o ano con vinte obradoiros sobre TIC a desenvolver este mes de xaneiro [3].
Podemos ver información detalla dos cursos, das datas e das localizacións na páxina web específica do CPAE 2.0 [4], máis polo miúdo no seu calendarios de eventos. Haberá (entre outros) obradoiros sobre comercio electrónico para PEME, sobre o uso de Facebook Ads, sobre as máis axeitadas plataformas de ecommerce que podemos elixir, sobre Google Analytics, sobre as principais e máis salientábeis ferramentas tecnoloxías para o sector agrogandeiro ou sobre como tirarlle partido á rede social Facebook no camiño de rendibilizar o noso perfil profesional.
Destinatarios
Lembrar que para acadar os seus obxectivos o CPAE 2.0 ofértalles aos seus destinatarios (un colectivo integrado por 64.000 autónomos e PEME da provincia de Pontevedra que constitúe o 92% do tecido empresarial desta), unha serie de eventos informativos nos seus seis centros en Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, Ponteareas e O Porriño.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Fachada_CPAE_2-0_en_Lalin-c5245.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.depo.es/web/edepo/-/noticia-a-deputacion-organiza-en-xaneiro-vinte-obradoiros-sobre-novas-tecnoloxias-para-autonomos-e-pemes
[4] http://www.cpae20.depo.es/