
Fundación ONCE e Ametic, a Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información, Telecomunicacións e Contidos Dixitais, asinaron un convenio co que ambas as entidades renovan o seu compromiso a favor da inclusión social e a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través da promoción das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
En concreto, o obxecto do presente convenio, subscrito polo director xeral de Ametic, Benigno Lacort, e o director xeral de Fundación ONCE, José Luís Martínez Donoso, é articular o desenvolvemento da colaboración entre AMETIC e a Fundación ONCE no marco de eVIA, a Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/foto_familia_9.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()