
O Concello de Padrón (A Coruña) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha o I Hackatón solidario "Intro para todos", para impulsar a participación cidadá ao servizo da xeración de ideas innovadoras que consigan mellorar a accesibilidade e usabilidade dos computadores da súa Aula CeMIT, adaptándoos ás necesidades específicas de persoas con discapacidade intelectual.
O Hackatón, que terá lugar o día 4 de novembro na aula CeMIT de Padrón, é unha convocatoria aberta a programadores, deseñadores, estudantes, emprendedores e calquera persoa con interese que poida achegar ideas para o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta que consiga facer realidade o reto perseguido.
Ferramentas baseadas en software libre
Será unha intensa xornada colaborativa tutorizada, na que os participantes realizarán as súas achegas para desenvolver unha ferramenta baseada en software libre que permita instalar na ordenadores da aula un sistema de autenticación alternativo adaptado a colectivos especiais, con ou sen competencias en lectoescritura, e un perfil de escritorio accesible cognitivamente que recolla en pictogramas as principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con discapacidade intelectual.
A xornada comezará ás 9:00 horas coa exposición e intercambio de ideas e a composición dos grupos de traballo. Tras varias sesións de traballo e networking, cada equipo desenvolverá un prototipo e unha demostración do mesmo que avaliará un comité de expertos. Este ditaminará cal será o prototipo elixido para ser implantado e validado na ordenadores da aula CeMIT de Padrón, con posibilidade de amplialo a toda a Rede CeMIT. Así mesmo, crearase unha comunidade de desarrolladores que continuará propondo e implementando melloras no desenvolvemento seleccionado, tras o seu testeo por parte dos usuarios destinatarios do mesmo. O hackatón finalizará ás 19:45 horas.
Esta iniciativa conta tamén coa colaboración da Asociación AMIPA. As inscricións para participar deben realizarse antes do 3 de novembro a través da web http://cemitpadron.blogspot.com.es [2].
CeMIT-Innova
Trátase dunha iniciativa piloto enmarcada no proxecto CeMIT-Innova, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec, para que a innovación social dixital poida dar resposta aos desafíos sociais locais, servíndose das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de modelos de colaboración en rede.
PROGRAMA [5]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/I Hackaton Solidario.jpg
[2] http://cemitpadron.blogspot.com.es
[3] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[4] http://concellodepadron.es/sites/default/files/I%20HACKAT%C3%93N%20SOLIDARIO_Bases%20participacion_4Nov-gal.pdf
[5] http://concellodepadron.es/sites/default/files/I%20HACKAT%C3%93N%20SOLIDARIO_Programa_4Nov-gal.pdf