
Marsi Bionics vai presentar o seu novo exoesqueleto biónico de marcha, un robot que se axusta ao tronco e pernas dun neno que non pode camiñar. O acto terá lugar na sede da empresa, situada dentro do campus do Centro de Automática e Robótica do CSIC na madrileña localidade de Arganda del Rey. A presentación do proxecto será realizada por Elena García, socia fundadora de Marsi Bionics, Ignacio Barraqué, CEO de Masri Bionics, e o doutor Gustavo Lorenzo, médico neuropediatra do Hospital Ramón e Cajal de Madrid.
Este exoesqueleto permitirá camiñar e realizar actividades da vida diaria de forma autónoma. Por este motivo, terá un alto impacto para a saúde e a calidade de vida dos nenos que o utilicen. O prototipo de exoesqueleto xa pasou a proba de concepto nunha nena con tetraplexia de 9 anos en abril de 2013. Desde entón, o traballo de Marsi Bionics céntrase en que o exoesqueleto deixe de ser un prototipo de investigación e sexa unha realidade para 120.000 nenos españois e uns 17 millóns de nenos no mundo.
Para iso, durante o acto presentarase unha campaña de 'crowfunding' e un vídeo viral asociados ao proxecto, para facilitar o proceso de investigación e desenvolvemento do exoesqueleto.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/marsiBionics.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()