
Fundación Vodafone xunto con Confederación ASPACE, participaron no taller '#aspacenet con aMiAlcance (Accesibilidade a dispositivos Android)'.
Estas xornadas teñen por obxecto constituírse como un espazo para a difusión, o intercambio de experiencias e o recoñecemento de ideas e creadores. Celebráronse o pasado día 9 de Xullo durante o Encontro de Tecnoloxías de Baixo Custo 2015 celebrado no CRMF (Centro de Recuperación de Persoas con Discapacidade Física) do IMSERSO.
Os participantes mostráronse moi interesados e as sesións resultaron moi participativas. Dentro do taller participaron un total de 11 persoas entre as sesións do xoves 9 e venres 10 de xullo.
A plataforma aMiAlcance, engloba unha serie de aplicacións gratuítas e de código aberto que permiten que os usuarios se comuniquen coas aplicacións máis estendidas (WhatsApp, por exemplo) dunha forma adaptada ás súas necesidades de accesibilidade física e cognitiva mediante calquera tipo de método de acceso tales como pulsadores ou joysticks, e grazas a unha serie de axudas técnicas como son os diferentes varridos dispoñibles (barras ou secuencial), o sistema SmartTouch, o sistema eViacam, etc. Ademais do emprego de comunicadores como a aplicación Hermes, e xogos accesibles como SpeedStar, compatibles e integrados co resto do sistema.
Coñece todas estas aplicacións presentadas descargándoas aquí:
App aMiAlcance:
https://play.google.com/store/apps/details?id=es.fundacionvodafone.amial... [4]
App HERMES MOBILE:
App SPEEDSTAR:
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/_taller_dia_2.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://play.google.com/store/apps/details?id=es.fundacionvodafone.amialcance.buttonsinterface
[4] https://play.google.com/store/apps/details?id=es.fundacionvodafone.amialcance.orchestrator
[5] https://play.google.com/store/apps/details?id=es.fundacionvodafone.amialcance.downloadhandler
[6] https://play.google.com/store/apps/details?id=es.fundacionvodafone.hermesmobile
[7] https://play.google.com/store/apps/details?id=com.wildbit.speedstar