
Unha nova aplicación gratuíta para móbil permitirá o envío automático das coordenadas de localización dos cidadáns que chamen ao teléfono 112 para avisar dunha emerxencia.
Está dispoñible en catalán, castelán e inglés, e ten unha versión específica para anciáns, segundo explicou o conseller de Interior da Generalitat, Jordi Jané, durante a presentación da aplicación este xoves no edificio Cat 112 de Reus (Tarragona).
"Esta aplicación pode salvar vidas, grazas a esta tecnoloxía gañaremos tempo e isto axudaranos", valorou o conseller, que engadiu que se poderá utilizar en todo o territorio sempre que haxa cobertura.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/112geolocalizacion.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()