
Con TUR4all podes viaxar coñecendo de maneira veraz as condicións de accesibilidade dos establecementos turísticos do teu lugar de destino, planificar as túas vacacións, atopar aloxamentos ou restaurantes accesibles preto de ti...
E agora ademais lanzaron un concurso para convidarche a unha noite de hotel para 2 persoas gratis.
Descárgate a app, é gratuíta, e comparte nas redes sociais de TUR4all unha foto onde aparezas co teu móbil ou o teu tablet coa aplicación descargada. Debe verse a app na pantalla. E non esquezas etiquetarnos na publicación, tanto en Facebook como en Twitter e pór a foto de imaxe no teu perfil! Tes de prazo até o día 28 de xullo, xa que o 30 realizaremos o sorteo.
Sorteamos unha noite de hotel para dúas persoas no ILUNION Hotels que elixas. Son todos accesibles!
Que é TUR4all?
PREDIF desenvolveu, coa colaboración de Fundación Vodafone e o apoio do Real Padroado da Discapacidade, a aplicación móbil TUR4all, o Xeoportal de Turismo Accesible para todos e a capa Layar Mobile TUR4all de realidade aumentada.
Estas ferramentas son accesibles, gratuítas e aliméntanse dunha mesma base de datos constantemente actualizada.
TUR4all recolle as condicións de accesibilidade de máis de 2400 establecementos turísticos de todo o territorio español (cada mes inclúense máis) e nela pódense atopar aloxamentos, bares, restaurantes, adegas, oficinas de turismo, monumentos, museos e centros culturais, praias, espazos lúdicos, rutas urbanas...
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/tur4all.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()