
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou que á atención ás persoas con discapacidade non é só un obxectivo concreto do Goberno galego, senón que ma for parte do proxecto global da Xunta. Fíxoo durante clausúraa do Curso de Verán da UNED sobre 'Igualdade, Xustiza e Discapacidade'.
Nese sentido, o vicepresidente lembrou que o Goberno ven de avaliar no Consello da Xunta o documento inicial da Estratexia Galega da Discapacidade, que será a folla de ruta para o próximos cinco anos e que se abre agora á participación cidadá.
Ademais, en marzo deste ano entrou en vigor a Lei de Accesibilidade de Galicia, que modernizou unha normativa de vinte anos de antigüidade que non se adaptaba ás novas necesidades do colectivo. Nestes momentos, está a avanzarse na elaboración do seu oportuno regulamento para que o texto poida ser aprobado antes de que remate a lexislatura.
Seguindo coas actuacións levadas a cabo polo Goberno galego nos últimos anos nesta materia, Rueda subliñou que se implantaron melloras tecnolóxicas na administración para que, por exemplo, as persoas xordas poidan acceder aos teléfonos de emerxencias e información, e destacou o cambio no regulamento impulsado pola Xunta para incluír a gratuidade dos servizos de comedores escolares para os nenos e nenas con discapacidade.
A atención da administración tamén se centra de maneira moi destacada nas situacións de desigualdade coas que se atopa o colectivo de persoas discapacitadas por razón de xénero. Por iso as mulleres con discapacidade teñen un papel protagonista no Plan de Igualdade entre mulleres e homes e reciben unha atención psicolóxica específica.
Xa para finalizar, Rueda sinalou que o Goberno demostrou o seu compromiso con este colectivo, non só coas reformas impulsadas na súa produción normativa senón tamén co deseño duns orzamentos, que creceron até consolidarse nos 100 millóns de euros anuais para políticas en beneficio das persoas con discapacidade.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/370xunta.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()