
Parece algo estraño, pero o seu funcionamento é relativamente sinxelo. O cadrado dunha polgada conectado á cámara conta con 400 puntos de electroestimulación, capaces de traducir as imaxes da cámara en estímulos eléctricos. Para iso, é necesario que o usuario se poña o visor na cabeza e coloce o cadrado sobre a súa lingua, para recibir os estímulos e ser capaz de traducilos.
Robert Beckman, responsable de Wicab (a compañía desenvolvedora) declarou a Mashable: "A xente é capaz de aprender e interpretar os patróns da estimulación na súa lingua, coñecendo, desta maneira, o obxecto que teñen en fronte"
Os invidentes que sexan capaces de dominar esta "linguaxe" particular, serán capaces de camiñar por corredores, ler pequenas palabras ou mesmo xogar aos dardos. Aínda así Beckman, quixo destacar que é necesario un período de aprendizaxe para poder realizar estas tarefas.
Baixo o nome de BrainPort V100, o visor xa foi aprobado pola axencia de alimentación e drogas estadounidense, e poderá adquirirse en Estados Unidos por 10.000 dólares (8.800€). Coa licenza de distribución aprobada, espérase que chegue aos países da Unión Europea nos próximos meses.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/306_OZZV_13.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()