
Até 23 compañías internacionais e 550 asistentes de 25 países diferentes reuníronse no congreso "Valencia Rehab Week 2015", un certame no que se presentaron os últimos avances en neurorrehabilitación como videoxogos e robots que axudan a recuperar a actividade motora dos pacientes.
Ao congreso, organizado polo Labhuman-I3HB da Universitat Politècnica de València (UPV) no Palacio de Congresos de Valencia, acudiron científicos, médicos e enxeñeiros de Brasil, Nova Zelandia, Estados Unidos, Colombia, Canadá, Marrocos e varios países europeos.
Entre as novidades que se deron a coñecer atópanse os sistemas robóticos portátiles que permiten aos usuarios usalo nas súas casas e a evolución a sistemas de telerrehabilitación que facilitan ao paciente recibir esta axuda cando e onde queira.
Outro dos avances que se mostraron no congreso son os sistemas de interfaces home-ordenador cos que se poden mover cadeiras de rodas e próteses a través do pensamento.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/VrW2015.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()