
Google celebra anualmente o encontro para desenvolvedores nos EE.UU., o Google I/O [3], que pode seguirse en director a través de streaming dende todo o mundo e, para vivir esta experiencia dun xeito máis activo e produtivo na distancia, dende o Grupo de Desenvolvedores de Google de Vigo (GDG Vigo) levan anos organizando o Google I/O Extended, encontro presencial no que pódese seguir a charla principal do Google I/O, acompañada por algunha actividade complementaria como relatorios ou obradoiros. O vindeiro 28 de maio o GDG Vigo vai repetir a experiencia [4] do ano no Club Financeiro de Vigo, pero non será a única actividade deste tipo en Galicia, xa que desta volta tamén se sumará o GDG Santiago.
O Google I/O Extended Santiago de Compostela [5] celebrarase o vindeiro día 28 a partires das 18:00 horas na Aula de proxectos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela e completará a keynote principal do Google I/O cunha charla sobre Github impartida por Diego Reiriz e un concurso de deseño de aplicacións para smartwatches con Android Wear que contará cun LG G Watch como premio.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/plantilla_cartel.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] https://events.google.com/io2015/#
[4] https://plus.google.com/u/0/events/clsva5af3gsd2778k2ro9kfg2v0
[5] https://plus.google.com/events/clc9833on5i3guqo2c62512gm84