
A Fundación Orange abre unha convocatoria para apoiar proxectos que desenvolvan novas solucións dixitais no ámbito do autismo, o prazo finaliza o 8 de xuño.
A convocatoria ten como finalidade o apoio a novas solucións tecnolóxicas que ofrezan unha resposta pragmática ás necesidades das persoas con autismo e da súa contorna (familias, profesionais, etc.) mellorando a súa integración social e, polo tanto, a súa calidade de vida.
A convocatoria apoiará proxectos de carácter gratuíto para o usuario final para calquera sistema operativo e hardware existente, así como sitios web.
Dirixidos a todo tipo de entidades que reúnan os requisitos esixidos nas bases da convocatoria.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/autismoTecnologiaFundacionOrange.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.proyectosfundacionorange.es/convocatoria2015/
[4] http://www.proyectosfundacionorange.es/convocatoria2015/Bases_convocatoria_2015_autismo_y_tecnologia_fundacion_orange.pdf