
A tecnoloxía está a cambiar a educación. Encerados electrónicos, ordenadores para coller apuntamentos, aulas virtuais... Non só na universidade, tamén para os máis pequenos no colexio. Esponxas que absorven información e que manexan produtos e dispositivos tecnolóxicos mellor que moitos adultos.
A mensaxería instantánea tamén chegou a este campo con Remind. Trátase dunha aplicación gratuíta que facilita a comunicación entre profesores, pais e alumnos para tratar temas relacionados co escolar. Ten varias diferenzas con WhatsApp. Non necesita os números de teléfono, non permite borrar conversacións e dá ao profesor control total sobre cando iniciar e finalizar os chats.
Remind foi creado no ano 2011 polos irmáns David e Brett Kopf. Este último foi un mozo difícil, disléxico e con déficit de atención. "Cada día 8.300 nenos abandonan a escola en EEUU e gran parte débense a que os pais non están suficientemente involucrados e a que os profesores non teñen tempo para o seguimento individual", explica Kopf.
Remind ten xa versións en español, francés, alemán, inglés e chinés mandarín. O seu obxectivo agora é entrar no mercado de fala hispana en países como España e México. No noso país traballa coa editorial Santillana para crear un programa piloto de traballo para recoller información e saber como poder mellorar a aplicación en funcións do noso país. O número de descargas de Remind fóra de Estados Unidos indica que funciona, xa que unha de cada catro proceden de España.
Remind recadou un total de 60 millóns de dólares de investidores e suma un millón e medio de profesores entre os seus usuarios. Nos plans de futuro da empresa está que estas cifras aumenten exponencialmente nos próximos anos.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/remind.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()