Santiago,
06/04/15 (10:13)
'O efecto acumulativo dos smartphones estase a converterse na maior tendencia da sociedade. Como consumidores, probamos novas apps e mantemos as que pensamos que melloran, enriquecen e mesmo prolongan as nosas vidas a un ritmo tan rápido que non nos damos apenas conta de que as nosas actitudes e comportamentos están a cambiar máis rapidamente que nunca. Os servizos e produtos que até fai moi pouco ían máis aló da imaxinación e agora están máis que aceptados, pronto chegarán ao mercado de masas. A só cinco anos para chegar a 2020, o futuro parece estar máis preto que nunca antes', asegura Michael Björn, responsable de Investigación de Ericsson ConsumerLab.
Ericsson publicou o seu informe ConsumerLab de tendencias TIC na súa cuarta edición, a empresa sueca destaca 10 tendencias:
- O futuro en streaming. Os medios utilizan patróns globais. Os espectadores están a cambiar cara a servizos baixo demanda fáciles de usar que permiten accesos multiplataforma a contidos de vídeo. O ano 2015 será histórico en tanto que haberá máis persoas que verán vídeo en streaming (tempo real) ao longo da semana, que emisións de TV.
- Fogares intelixentes. Os consumidores móstranse moi interesados en contar con sensores para o fogar que lles avisen dos consumos de electricidade e auga, así como de cando os membros da familia saen e entran en casa.
- Mind sharing. Van ir aparecendo novas maneiras de comunicar, con cada vez máis formas de manternos en contacto cos nosos amigos e familia. A moitos usuarios de smartphones gustaríalles utilizar pezas tecnolóxicas que se comunicasen con outras directamente a través do cerebro ' e isto estará moi estendido para o ano 2020 -.
- Cidadáns intelixentes. A idea das smart cities é fascinante, pero moita desa intelixencia ten que provir do cambio constante que se está producindo no comportamento da xente. En tanto que Internet permítenos estar máis informados, somos capaces de tomar mellores decisións. Os consumidores aseguran que os mapas que mostren o volume do tráfico, as aplicacións comparativas sobre o uso de enerxía e os controis de calidade da auga en tempo real serán unha realidade en 2020 para unha gran maioría de persoas.
- A economía compartida. En tanto que Internet permítenos compartir información eficientemente cunha facilidade sen precedentes, a idea dunha economía compartida ten un potencial enorme. A metade dos usuarios de smartphones están dispostos a alugar habitacións individuais nas súas casas, electrodomésticos e equipamentos de luxo en tanto que lles pode aforrar diñeiro.
- O moedeiro dixital. O 48% dos usuarios de smartphones preferiría utilizar o seu móbil para pagar bens e servizos. O 80% cre que o teléfono substituirá ao moedeiro no ano 2020.
- A miña información. Aínda que compartir información cando xera beneficio está ben, os usuarios de smartphones non cren justificado deixar as súas actividades á vista de todo o mundo. Ao 47% dos usuarios gustaríalles pagar electrónicamente, sen transferencia automática de información persoal. O 56% dos clientes preferiría que toda a comunicación por Internet estivese encriptada.
- Alargar a vida. Os usuarios de smartphones cren que algúns servizos baseados en cloud de varios tipos ofrécenlles a posibilidade de vivir máis saudablemente e durante máis tempo. Aplicacións de jogging, medidores do pulso e pratos que miden a nosa comida crese que axudarán a prolongar as nosas vidas até dous anos por aplicación.
- Robots domésticos. Os consumidores reciben de bo grado a idea de contar con robots domésticos que nos axuden coas tarefas do día a día. O 64% tamén cre que se converterán en algo común nos fogares para o ano 2020.
- Os nenos conéctanse con todo. Os nenos continuarán impulsando a demanda dunha Internet máis tanxible, onde o mundo físico está tan conectado como as pantallas dos seus dispositivos. O 46% dos usuarios asegura que os nenos esperan que todos os obxectos estean conectados cando sexan maiores.
Tema: Xeral
Fonte:
Zonamovilidad.es