
ILUNION, o grupo de empresas do ONCE e a súa Fundación, traerá ao mercado español as aplicacións Predictable e ChatAble, desenvolvidas pola empresa británica Therapy Box e deseñadas para persoas con dificultades para expresarse oralmente debido a algunha enfermidade ou discapacidade.
Predictable é unha ferramenta de texto a voz que ofrece funcións de comunicación aumentativa e alternativa personalizables, que permite aos usuarios redactar mensaxes utilizando un sistema de predición de palabras intelixentes.
Trátase dunha ferramenta capaz de aprender palabras e frases de uso frecuente, que vai gardando nun banco o que lle permite facer predicións con maior rapidez.
ChatAble, por outra banda, é unha aplicación pensada para cubrir as necesidades de persoas que requiren sistemas de comunicación aumentativa, como usuarios con trastorno do espectro autista.
Esta ferramenta facilita a creación de cuadrículas e escenas visuais personalizables. Os usuarios, ademais, poderán combinar ámbalas funcións e facer páxinas híbridas que poderán enviar por email.
A aplicación incorpora voces de alta calidade con pronuncia personalizable, opcións de escritura a man, entre outras. Ámbalas aplicacións son compatibles con dispositivos móbiles e serán comercializadas en España a través de ILUNION que ademais, proverá soporte local e adestramento a logopedas, profesores ou familiares interesados en adquirilas.
Predictable foi galardoada, en 2011, co premio Mphasis Universal Design Award e, en 2013, co Ericsson App Award.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/chatable-predict_apps.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()