
Un equipo de científicos da Universidade de Tokio (Xapón) acaba de presentar un revolucionario gadget que facilitará a actuación de enfermeiros ou médicos nun hospital. Trátase dun wearable económico, completamente desbotable e inalámbrico que serve para medir a febre dos pacientes. Utilizado como un brazalete, o dispositivo fai saltar unha alarma cando a febre do paciente é demasiado alta.
O novo dispositivo combina un panel solar de silicio flexible, un altofalante piezoeléctrico, un sensor de temperatura e un circuíto de subministración de enerxía creada con compoñentes orgánicos nun único paquete portátil. Mide 30 cm de longo por 18 cm de ancho e pódese usar directamente sobre a pel ou na parte superior da roupa. Trátase do primeiro dispositivo orgánico deste tipo e que ademais incorpora un circuíto de alimentación orgánico.
O brazalete alerta cando a temperatura ascende a partir de 36,5 º Centígrados a 38,5 º Centígrados mediante un sinal audible. Este wearable que funciona para medir a febre, 'podería ser adaptado para avisar en caso de suores ou presión arterial alta' tal e como afirma Takao Someya, líder da investigación.
'O noso brazalete-alarma de febre demostra que é posible producir dispositivos flexibles, desbotables que poden mellorar en gran medida a cantidade de información dispoñible para os coidadores nos centros asistenciais. Demostramos esta tecnoloxía cunha alarma de sensor de temperatura e febre, pero o sistema tamén podería ser adaptado para proporcionar retroalimentación audible na temperatura do corpo, ou en combinación con outros sensores para rexistrar a humidade, a presión ou a frecuencia cardíaca', aclara Someya.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/brazaletefiebre.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()