
Non só Scratch, o MIT ten entre mans outro desenvolvemento pensado para ensinar a programar. Menos software e algo máis de interacción con obxectos físicos, que poderemos programar e modificar ao noso gusto e tamén comprobar como funcionan algúns algoritmos.
Obra dun par de departamentos do MIT, estamos ante un pequeno xardín con flores que responden a unha app de smartphone ou tablet. Pódese programar para variar a cor delas de forma individual ou no seu conxunto, coas combinacións que desexemos implementar a través de código. Tamén existen algúns motores que abren e pechan os pétalos, todo iso controlado e creado a través de Arduino
Con este invento, o MIT pretende achegar a programación aos nenos, mostrando dunha forma moi visual o funcionamento de complexos algoritmos implementados. O invento forma parte dun estudo científico que será presentado na 2015 International Conference on Robotics and Automation da IEEE, e que terá lugar a finais de maio de deste mesmo ano.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/306_NNAD_24.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()