
As asociacións Cruz Vermella Española e a Fundación Entreculturas levan dende o ano 2004 poñendo en marcha a campaña DOA O TEU MOBIL.
A campaña, que comezou a súa andaina fai sete anos, recolleu ata a data un total de 663.615 teléfonos.
Os fondos recaudados utilizanse para financiar proxectos de Entreculturas destinados á escolarización de nenos en América Latina e África e, en especial, aos afectados polo VIH, atendendo aos nenos orfos por dita enfermidade e tamén organizando campañas de prevención e sensibilización para frear a súa expansión.
Pola sua parte, Cruz Vermella destinaos a proxectos de sensibilización en materia de medio ambiente, destinado principalmente a persoas maiores outorgando pautas concretas que promovan o envellecimiento saudable.
Para doar o teu móbil só tes que introducilo nun sobre calquera, imprimir a etiqueta de franqueo pagado que verás ao picar aquí [2] , pegala no sobre e depositalo en calquera caixa de correo de Correos.
Tamén existen colectores distribuídos nas empresas e puntos colaboradores repartidos por toda España, onde podes depositar o teu móbil. Para coñecelos, pica aqui [3].
Para máis información preme a seguinte ligazón: www.donatumovil.org [4]
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[2] http://www.donatumovil.org/como_puedes_colaborar_particulares.php
[3] http://www.donatumovil.org/colaboradores.php
[4] http://www.donatumovil.org/index.php