
Parecía que o encontro sobre o sector do social media en Galicia que se celebraba cada ano en Santiago, Compostweets [3], non pasaría da súa terceira edición, xa que este ano non tivo lugar na súa data habitual (en primavera), pero os organizadores desta iniciativa non quixeron deixar morrela, e antes de rematar o ano anuncian que o vindeiro día 19 teremos un Compostweets 2014 no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde xa se celebrara a pasada edición.
Estamos ante un evento que busca ser un punto de encontro para os profesionais do mundos das redes sociais a nivel galego, no que terán lugar varios relatorios con vocación didáctica aos que seguirá unha sesión de elevator pitch para dar a coñecer algúns novos proxectos galegos. Recoméndase aos interesados en asistir que o comuniquen por correo electrónico á organización do evento.
O programa de Compostweets 2014 quedaría como segue:
10:00 – Apertura de instalacións, recepción de asistentes e convidados
10:30 – Compostweets 2014 Nadal en Rede
11:00 – Un Facebook divertido / O Facebook de Chus Alvite
11:30 - 12:00 – Café.
12:00 – O meu Twitter supérame. ¿Redes sociais? O meu sobriño encárgase de todo por Javier Rocamora
13:00 – Non vendo un pemento co meu e-commerce por Manuel Alonso
13:30 – Presentacións Elevator Pitch
14:00 – Xantar no Restaurante O Pajueleira (esta actividade terá un prezo de 10 euros)
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/logo-compostweets2014.png
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://www.compostweets.com