
Comunicarse cos demais é unha das maiores dificultades dos nenos con autismo. Pedir axuda, iniciar unha interacción social e compartir as súas emocións vólvense habilidades que necesitan ser aprendidas a partir de exercicios e terapias.
O videoxogo Pico's Adventure ten por obxectivo a interacción social dos nenos e as nenas con autismo, a través dunha serie de experiencias lúdicas e colaborativas. Os primeiros estudos experimentais mostran a súa eficacia como complemento ás terapias convencionais. É unha produción conxunta do grupo de investigación Cognitive Media Technologies (CMTECH) e o Hospital de San Joan de Déu (Barcleona).
Narcís Parés, coordinador do grupo de investigación Cognitive Media Technologies do Departamento de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC) da Universidade Pompeu Fabra, conxuntamente coa Unidade Especializada de Trastornos do Desenvolvemento do Hospital de San Juan de Deus, crearon " Pico's Adventure". A tecnoloxía que incorpora o xogo está baseada e co uso do dispositivo Kinect, dispoñible para plataformas Windows.
Un alieníxena faise amigo dos nenos e convídaos a unha chea de experiencias
O videoxogo ten por obxectivo facilitar a interacción social a través dunha serie de experiencias lúdicas e colaborativas. A contorna en que se desenvolve o xogo é o dun amigable alieníxena que aterrou na Terra debido a un problema na súa nave espacial. Este ser vindo do espazo acompaña aos nenos a pasar unha serie de aventuras que foron pensadas para promover condutas específicas como pedir axuda, tomar quendas ou dar instrucións aos demais nenos.
Os primeiros estudos experimentais con nenos e nenas con autismo demostraron a eficacia deste videoxogo en promover a interacción social entre os nenos o que suxire que pode converterse nun importante complemento ás terapias convencionais para esta afección.
A elaboración do videoxogo forma parte do proxecto europeo " Motion-based adaptable playful learning experiences for children with motor and intelectual Disabilities (M4All)", un proxecto de investigación que se enmarca na EC Lifelong Learning Programme.
O videoxogo está dispoñible en acceso aberto na seguinte ligazón: http://m4all.widetesting.info/ [3] .
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/306_KHFB_9.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://m4all.widetesting.info/