
Como axudar aos máis pequenos coas TIC? Para responder a esta pregunta propómosvos un TOP 10 con apps de educación que permitirán aos máis pequenos da casa aprender de forma divertida e amena:
ViQuiz [3]: Esta app, céntrase na educación en temas de saúde mediante técnicas de gamificación. A través de diferentes dinámicas de xogo, baseadas en preguntas e respostas, os máis novos aprenden dunha maneira sinxela e divertida. A aplicación céntrase en seis temáticas dentro dos diferentes ámbitos da saúde e a vida social: amor, sexo, relacións familiares, alimentación, tempo libre e actitude emprendedora.
Khan Academy [4]: Creada por unha asociación sen fins de lucro, esta aplicación web permíteche tomar o control da túa aprendizaxe ao traballar ao teu propio ritmo as habilidades que escollas. O método de aprendizaxe baséase en exercicios interactivos, vídeos instructivos e ferramentas docentes. Trátase dun proceso individualizado que vai marcando o progreso e metas do estudante e dá recomendacións personalizadas.
10 Monkeys Multiplication [5]: Esta divertida app para mellorar as habilidades matemáticas baséase na historia de dez monos que están atrapados e necesitan a axuda dos máis pequenos. Grazas ás súas habilidades coas táboas de multiplicar poderán ser liberados. A aplicación baséase nun desafío de 10 mini xogos, con niveis rápidos e fáciles de repetir. Ademais, un sistema de ranking persoal incentiva o xogo.
Duolingo [6]: Queres aprender un idioma? Esta é a túa aplicación! Con cursos de inglés, italiano, francés, alemán, portugués, español, mandarín, xaponés e ruso. Esta app permite aprender mediante leccións configuradas como un xogo, de forma divertida e adictiva. Mediante preguntas a contrarreloxo, o estudante pode ir subindo de nivel.
Babyradio [7]: Esta iniciativa trata de acompañar aos máis pequenos da casa na aventura de crecer, e aos pais na tarefa de criar e educar. Babyradio céntrase na creación, coa axuda duns divertidos personaxes, de material multimedia, accesible desde a súa web e a súa app, ademais de ser unha radio online con contidos educativos e lúdicos. Cancións, receitas, contos, coloreables... todo ten cabida nun proxecto que xa conta co seu propio musical infantil!
iCuaderno [8]: Un clásico da aprendizaxe aterra nos novos dispositivos. Renovarse ou morrer. Así chegan os tradicionais Cadernos Rubio ao noso iPad. Mediante un sistema intuitivo, iCuaderno divídese en tres coleccións: operacións, problemas e educación infantil. Cada caderno consta de máis de 20 niveis e, ademais, poden desbloquear operacións secretas. O corrector de erros axudaralles a aprender por se mesmos e corrixir os exercicios co apoio dun "bufo-titor".
Pupitre [9]: A aplicación composta por unha serie de cadernos con formato de "fichas" que se dirixe principalmente a dúas franxas de idade. De 3 a 5 anos, cuxos contidos buscan desenvolver habilidades e destrezas básicas; e de 6 a 8 anos, cuxo obxectivo é o de repasar e consolidar todo o aprendido na escola. Pupitre conta cun sistema de recompensas acorde á idade. Estes conxuntos de fichas que desenvolven e reforzan as habilidades concretas do ámbito escolar pretenden, mediante o seu cumplimentación, fomentar a curiosidade e o interese por seguir aprendendo.
PlayTales [10]: Está aplicación é un gran apoio para os pequenos que están a aprender a ler. Cunha gran libraría de contos interactivos, que vai aumentado tódolos venres, PlayTales é unha app onde os nenos poden ler e xogar, combinando así aprendizaxe e diversión.
O son das letras [11]: A fonética toma protagonismo nesta aplicación que axuda aos máis pequenos a converterse nuns bos lectores mediante a metodoloxía Montessori. A app divídese en catro actividades diferente nas que se van aprendendo os sons das letras, como formar palabras e practícase a escritura natural con tres tipos diferentes de letras. O ritmo márcao o neno e ademais terá a posibilidade de acceder á opción de cambiar de idioma e xogar aprendendo novas linguas.
EkiMuki [12]: Aprender pode ser divertido. Está aplicación preséntanos un método sinxelo e ameno co que os peques poderán aprender a relacionar tamaños e formas, a coñecer novas palabras e os distintos tipos de vehículos. EkiMuki presenta tres mini-xogos nos que os nenos poden desenvolver actitudes como a memoria e a coordinación.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/estimular1.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()
[3] http://appviquiz.org/
[4] https://es.khanacademy.org/
[5] http://www.10monkeys.com/us/multiplication.html
[6] https://es.duolingo.com/
[7] http://babyradio.es/
[8] http://www.icuadernos.com/
[9] http://pupitreapp.com/
[10] http://www.playtales.com/es/
[11] http://www.frikids.com/el-sonido-de-las-letras-de-les-trois-elles/
[12] http://www.ekimuki.com/