
Son moitas as persoas que din que cun bo phablet (híbrido de tablet e smartphone cun tamaño aproximado de 5,5 ou 6 polgadas) poderían prescindir dunha tableta. Isto ten moito máis sentido aínda se pensamos en pór un produto desta categoría, que inaugurou Samsung co seu Galaxy Note, nas pequenas mans dun neno.
É o que deberon de pensar en Imaginarium. A empresa española, especializada na produción de produtos destinados ao público infantil, lanzou o seu novo terminal. Trátase do primeiro 'phablet' para nenos que combina, nun mesmo produto, unha tableta e un 'smartphone'. Segundo indicou a compañía nun comunicado, Paquito Mix é un 'phablet' con pantalla de 6 polgadas que "permite aos nenos estar conectados, divertirse e aprender xogando con total seguridade". Imaginarium incluíu neste terminal a interface MagicOs X, desenvolvida pola compañía e baseada no sistema operativo Android, que proporciona "unha contorna exclusiva e segura deseñado especificamente para os nenos".
Esta 'phablet' saíu ao mercado cun prezo de 149 euros e comercialízase, segundo anunciou a compañía, cunha liña de complementos e fundas. Entre as características deste terminal caben destacar unha pantalla 6 polgadas con resolución de 854x480 píxeles, procesador Dual Core a 1GHz, 521 MB de RAM, memoria interna de 8 GB ampliables con tarxeta microSD, teléfono 3G libre, WiFi, GPS, Dobre ranura SIM Card, porto micro USB, e dous cámaras: a traseira de 5 megapíxeles con autoenfoque e flash e a frontal VGA e carcasa vermella.
Con todo, o que fai diferente a este dispositivo é que se converteu no "primeiro 'phablet' do mercado que conta cun sistema de control parental 'sinxelo e efectivo' no que os pais poden confiar".
Nesta versión de MagicOS X, Imaginarium permite tres niveles diferentes de acceso ao phablet para que os pais poidan controlar aos seus fillos: sen restricións, con seguridade e desactivado. No tres casos, os pais poden establecer perfís e usos, así como programar os accesos á web, ás 'apps', ás mensaxes, aos vídeos, ás chamadas, ás listas de contacto e o tempo de uso.
Nativos dixitais inmersos no mundo dixital
Esta iniciativa xurdiu despois de que Imaginarium chegase á conclusión de que os nenos do século XXI son nativos dixitais e crecen inmersos nunha contorna dixital. Por iso, a compañía pensou que "no momento que os máis pequenos deciden empezar a ser plenamente autónomos no uso da tecnoloxía e a conectividade, teñen que facelo a través de dispositivos adecuados e adaptados ás súas necesidades de comunicación, relación e moi especialmente de seguridade e control".
A directora de Mercadotecnia de Imaginarium, Natalia Chueca, considera que "o uso da tecnoloxía, e en particular de 'smartphones' por parte dos nenos é un feito na nosa sociedade. Desde bebés senten atraídos polos dos seus pais ou familiares, con 5 ou 6 anos manéxanos perfectamente e a partir dos 9 ou 10 anos comezan a demandar o seu propio". Ao seu xuízo, a seguridade e o tempo de uso do 'smartphone' son cuestións que inquietan aos pais nesta etapa.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/650_1000_paquito-mix.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()