
A realidade virtual avanza a pasos axigantados, pero parece que aínda hai unha fenda que saltar no mundo virtual: a simulación do tacto. Mediante un pequeno exoesqueleto, idearon un dispositivo que permite recrear sensacións na man, en contornas virtuais.
O dispositivo chámase Dexmo, e captura o movemento da man á vez que prové dunha resposta para recrear os
obxectos que o usuario estaría a tocar no mundo virtual. Desta forma, "rompe a barreira entre o mundo dixital e o mundo real e dá o sentido do tacto" explicou Dexta Robotics.
Os creadores de Dexmo desenvolveron dous dispositivos, Dexmo Classic, un exoesqueleto máis básico que captura 11 tipos de movemento da man e tres para o dedo pulgar, e Dexmo F2, que ademais prové dunha resposta á forza. Con todo, aínda é pronto para simular as sensacións que transmite tocar distintas texturas, como os seus creadores admitiron .
Dexmo é un dispositivo que desenvolve, de forma incipiente, a simulación do tacto nas contornas de realidade virtual. Polo momento, está deseñado para realizar unha serie limitada de funcións, como seleccionar música ou debuxar no aire, como
complemento na rehabilitación médica ou como controlador de dispositivos electrónicos. O máis destacado, no entanto, é que supón un dos primeiros pasos para iniciar unha inmersión total nun mundo dixital.
Este dispositivo polo momento é un proxecto aínda en desenvolvemento, para que o que os seus creadores buscan financiamento. Por iso, están a piques de iniciar unha campaña en Kickstarter coa que esperan recadar uns 200.000 dólares e, nun futuro non moi afastado, poder vender este dispositivo por uns 200 dólares.
Ligazóns:
[1] https://voluntariadodixital.xunta.gal/sites/default/files/images/novas/Dexmo.jpg
[2] https://voluntariadodixital.xunta.gal/javascript:history.back()